DIAS AZUIS NOVEMBRO 2022

DIAS AZUIS NOVEMBRO 2022

27/10/2022

A campaña "Días Azuis do Comercio Galego" é unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia coa colaboración de ABANCA e as federacións provinciais, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de Galicia.

A campaña terá lugar entre o 1 e o 20 de Novembro de 2022 e nela poden participar todos os clientes do comercio de proximidade de Galicia que merquen nestas datas. Entre eles sortearanse 12.000 euros en premios, distribuidos en 24 tarxetas prepago regalo de 250 euros (6 por provincia) e 40 tarxetas de 150 euros (10 por provincia), que deberán ser empregadas para volver a mercar nos establecementos tradicionais galegos ata o 30 de Xuño de 2023. O sorteo realizarase ante notario o 24 de Novembro de 2022.

Para participar na campaña, proporcionámoste 2 maneiras diferentes:

  • Rexistrar a túa compra nesta mesma páxina web www.diasazuis.com
  • Coa colaboración do comerciante, sendo él o que rexistre a túa compra a través da páxina web www.diasazuis.com/comercios. Deste xeito, tú como consumidor obterás unha participación a maiores para o sorteo.

* En ámbolos dous casos, ti como cliente debes fotografiar e/ou gardar o teu ticket de compra como xustificante da mesma.

Volver al Listado de Noticias