DIAS AZUIS

DIAS AZUIS

04/05/2018

Posta en marcha pola Federación Galega de Comercio dunha nova edición da campaña Días Azuis do Comercio Galego, que se celebrará entre o 7 e o 21 de maio, en colaboración coa Xunta de Galicia, ABANCA e as federacións provinciais, asociación de comerciantes e centros comerciais abertos de Galicia.

 

Información da campaña:

Datas: A campaña desenrolarase entre o 7 e o 21 de maio, ambos engadidos. O sorteo ante notario dos premios será o 25 de maio. A entrega dos premios terá lugar nun acto en Santiago de Compostela, e serán convidadas as asociación, na primeira semana de xuño.

 

Premios: Sorteo de 16.200 euros en premios para os nosos clientes, repartidos en tarxetas prepago de 300€ e 150€ (que teñen que volver a ser invertidas para mercar no comercio de proximidade galego).

 

Dinámica da campaña: É suficiente mercar no comercio de proximidade e rexistrar a compra e fotografía do ticket en www.diasazuis.com; ou ben que a rexistre o comerciante en www.diasazuis.com/comercios, duplicando deste xeito a participación do cliente no sorteo.

 

Material: cada pack a distribuir entre os comerciantes estará composto de:

- Gráfica da campaña (circular)

- Cartel informativo formato A3, para colocar nun lugar visible do establecemento.

- Folletos circulares, para distribuir entre os clientes.

- Carta explicativa, coas bases de campaña.

 

Os comercios asociados a Distrito Mallos que queirades participar nesta campaña chamarnos ao teléfono: 981-23-81-64 e os achegaremos o material. 

 

 

 

 

 

Volver al Listado de Noticias